Hoxe celebramos o festival das letras galegas onde os laciños amarelos e verdes interpretaron dúas cancións. Un grupo cantou e bailou "Eu quero ser artista" e o outro grupo "Quen quere entrar conmigo no baile". Fixérono moi ben e disfrutaron moito. Tamén tiveron a sorte de recibir diplomas e agasallos todos os que participaron nos "contos compartidos" e "contos en familia". Noraboa para Xiana, quedou gañadora nos contos compartidos.
Despois vimos unha curtometraxe moi graciosa feita polos alumnos do noso cole de 1º e 2º.
E para rematar cantamos todos xuntos un poema do homenaxeado deste ano das Letras Galegas XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO. A música é do profe Antonio e a voz é dunha alumna de 3º de primaria.
No hay comentarios:
Publicar un comentario